Publiquem el manifest íntegre llegit per Manuel Rivas a la manifestació de Nunca Máis

12/02/2002 - 00:00
Us oferim en la versió original en llengua gallega el manifest que l'escriptor Manuel Rivas va llegir diumenge al migdia a la manifestació que, sota el lema Nunca Máis, va convocar més de 200.000 persones a Santiago de Compostela.
Us oferim en la versió original en llengua gallega el manifest que l'escriptor Manuel Rivas va llegir diumenge al migdia a la manifestació que, sota el lema Nunca Máis, va convocar més de 200.000 persones a Santiago de Compostela contra la manera com s'ha gestionat el desastre ecològic provocat per l'enfonsament del petroler Prestige.
Gracias irmáns: Aquí está a dignidade, aquí está a conciencia libre, aquí está un pobo vivo, aquí está a honra de Galicia. Si, gracias irmáns: Nós tamén invocamos hoxe aquí a protección do Santiago Apóstolo, de Prisciliano, de Santo André de Teixido, da Virxe do Carme, nai e señora da xente do mar, pero invocamos sobre todo a forza do pobo, a capacidade cívica, democrática, de nós mesmos para afrontar responsablemente e con coraxe esta situación de emerxencia, sen que se nos oculte a realidade, sen que se secuestre información, sen que falte á dignidade pretendendo acalar as verdades cun tintinar de moedas. Si, gracias irmáns: Gracias a todos os que viñestes do Eo ao Miño, gracias especialmente ás familias do mar que están aquí, co peso da dor e destas noites de vixilia sobre os seus ombros, e gracias tamén moi especiais a esa humanidade sensible, alerta oa sufrimento da xente e da destrucción da naturea, que dende todo o mundo ten enviado o seu abrazo solidario e amosa o seu noxo e horror polo que acontece no mar de Galicia. Un mar fonte de vida, un excepcional ecosistema, o máis precioso horto da creación, velaí o tedes, en permanente ameaza, convertido nun vertedoiro de velenos, machacado pola cobiza duns e o desleixo, o abandono doutros. Convocados aquí, dunha maneira libre e unitaria, en marea cívica fornte á marea negra do Prestige e na crise e na emerxencia en que Galicia está asolagada: Esiximos a declaración de Galicia como zona catastrófica. Trátase dun desastre de dimensións nacionais. Cómpre, pois, a inmediata dotación de recursos de todo tio para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medio-ambientais e para a saúde provocadas por este sinistro. O que precisa Galciia non son remendos paliativos senón plans a longo prazo que contemplen o binomio tan estreitamente relacionado de protección do medio ambiente e o emprego e benestar da poboación. As institucións españolas, a Comunidade Europea e os organismos internacionais deberían contemplar tamén a existencia do que poderiamos chamar unha Débeda Histórica de Catástrofes, pois temos sufrido xa seis catástrofes deste tipo e de gravísimas dimensións en trinta anos, e é unha responsabilidade a asumir polas institucións galegas o demandar esas compensacións históricas. Non só quen contamina debe pagar senón tamén quen obtivo e obtén beneficios, as petroleiras deberían pagar. Reclamamos para Galicia a inmediata posta en marcha de mecanismos de prevención que impidan que a catástrofe vaia en aumento, coa posta a disposición dilixente dos medios económicos e loxísticos para impedir a contaminación de novas zonas, a intensificación nas xa contaminadas e a limpeza e a restauración medioambiental da costa. Reclamamos para Galicia a adopción de medidas determinantes, ben concretas, por parte do Goberno central e da Xunta para que feitos como este non se volvan a repetir nunca máis. Medidas para impedir xa, e é o momento agora, por respecto ao loito do mar, o paso de buques que non reúnan as garantías de seguridade, apartar o corredor marítimo e establecer un control estricto do tráfico e do almacenamento de mercadorías perigosas. Reclamamos para Galicia a dotación dun verdadeiro dispositivo de salvamento, dun plan de emerxencia e dun operativo de reacción inmediata para loitar contra a contaminación mariña, con remolcadores axeitados e con buques anti-contaminantes. Aqueles que presumen de potencia mundial, -non lles cae a cara de vergoña ao ver que aí, cunha nova marea negra nas nosas costas, non hai un só buque anti-contaminante con pavillón español? Reclamamos para Galicia a ubicación nesta costa da Axencia Europea para a Seguridade Marítima. Reclamamos que se impulse unha lexislación internacional que acabe con este tipo de capitalismo delincuente, amparado na comenencia e nos paraísos fiscais, que estraba a vida dos pobos e dos verdadeiros paraísos do mar e da terra. E rematamos: O sinistro do Prestige e o ocorrido despois, pón en evidencia dun xeito inapelable a inexistencia de medidas de prevención axeitadas, a ausencia de plans de emerxencia para facer fronte a este tipo de catástrofes, a improvisación e descoordenación nas tarefas de salvamento e loita contra a contaminación e a total escaseza de recursos técnicos e humanos para facer fronte a este tipo de situacións. Denunciamos as responsabilidades derivadas destas deficiencias. Reclamamos a demisión das autoridades que coa súa ineficacia e irresponsabilidade non souberon impedir que o accidente tivese as peores consecuencias. Dicímolo no código do mar: Delta India Mike India Sierra India Oscar November: Dimisión. É nas situacións críticas cando os gobernantes teñen que estar a carón do pobo, informando realmente, nos medios e no Parlamento, e activando os recursos dun país. Polycommander, Urquiola, Erkowit, Andros Patria, Casón, Mar Exeo.... e agora Prestige. Xa non queremos contar máis. Xa abonda. Xa estamos petroleados ata as praias da alma. Galicia, mobilizada de exemplar, conseguiu nos anos Oitenta que se pechara o vertedoiro de residuos radioactivos, o cemiterio nuclear, fronte á costa de Fisterra. Pois ben. Hoxe dicimos: NUNCA MÁIS. Que non se desprecie máis este S.O.S dun pobo canso de aturar e sufrir. Que se escoite en Santiago, Madrid e Bruxelas. Que se escoite onde se teña que escoitar. Galicia é hoxe a humanidade que berra: Nunca máis!

Relacionats

Butlletí